Friday 10 de May de 2024

O Concello retoma o Atlantic Pride con Marta Sango, Yogurinha Borova, Nenita Danger e Xenon Spain


A concelleira de Igualdade, Yoya Neira, presentou a segunda edición dun “festival con identidade propia”, que terá lugar o 3 de xullo no Teatro Colón nunha versión adaptada á situación sociosanitaria

A concelleira de Igualdade, Yoya Neira, presentou este mediodía no Teatro Colón xunto aos organizadores Iván Cervo e César Pérez a segunda edición do Atlantic Pride, un evento que formará parte da programación do Orgullo. A edila sinalou que o Goberno de Inés Rey se pon unha vez máis ao lado da creación cultural da cidade e da visibilización do colectivo LGTBI para retomar unha cita, que terá lugar o 3 de xullo, adaptada á situación sociosanitaria actual.

Deste xeito, ofrecerase unha versión máis lixeira e dun único día en que actuarán no Colón Marta Sango, Yogurinha Borova, Nenita Danger e Xenon Spain. Neira destacou que se trata dun festival con identidade propia que promove o activismo a través do lecer, a cultura e a festa.

O festival comezou a súa andaina en 2018 cun evento no Teatro Colón, mais foi un ano despois cando cobrou especial relevancia, segundo contou a edila, que recordou que nesa entrega se congregaron miles de persoas entorno aos tres escenarios musicais e á distinta oferta cultural que se programou durante esa
semana. En 2020, o Concello quixo situalo no panorama nacional canto a programación de contido LGTBI, mais tivo que ser suspendido pola pandemia.

Meses antes, o Atlantic Pride foi un dos reclamos cos que o Concello tratou de Nota de Prensa atraer a novas e novos visitantes na edición de Fitur que se celebrou en xaneiro.

Ademais, o ano pasado foi nomeado a dúas categorías dos Iberian Festival Awards, como mellor festival pequeno e mellor festival novo, nas que quedou de finalista.
As entradas poderanse adquirir en corunacultura.sacatuentrada.es.